Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita un pleno extraordinario en apoio ás demandas do IES de Soutomaior

instituto

Logo de que a directiva do centro presentara a súa dimisión “por negarse os responsables da Consellería de educación a atender as necesidades do instituto”, o BNG da localidade vén de convocar un pleno extraordinario co obxecto de reclamar tamén dende a administración local que a Xefatura Territorial de Educación “resolva definitivamente as urxentes demandas da dirección e do profesorado” e que pasan por resolver a falta de espazo no centro que “quedou pequeño dende primeiro curso malia tarse construido hai tan só catro anos”.

Denuncian os nacionalistas que o PP négase a atender as demandas do centro para solucionar a falta de espazo e dispoñer das aulas necesarias para evitar a actual saturacións das clases. Entenden que se trata dunha falta de respecto da Xefatura territorial de educación coa comunidade educativa do concello.

A través deste pleno extraordinario reclaman que o Concello exixa a dimisión do Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, así como que se resolvan definitivamente as urxentes demandas da dirección e do profesorado do centro”.

Manu Lourenzo, parlamentario e voceiro do BNG de Soutomaior

O portavoz municipal e parlamentario Manu Lourenzo lembrou que a situación crítica do IES Soutomaior non é algo deste verán. “Avisámolo xa cando se presentou o proxecto, que o instituto ía quedar pequeno e ía haber estes problemas.

O BNG respalda as propostas realizadas pola comunidade educativa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará