Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación concede unha subvención de 20.000 euros ao Servizo de Normalización de Redondela

normalización

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de recoñecer o traballo que realiza o Servizo de Normalización Lingüística coa concesión dunha subvención de 20 000 euros –a máxima cantidade posible– dentro das axudas que o organismo provincial outorga para o reforzo e mantemento do SNL nos concellos.

A concelleira de Normalización e alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quixo destacar “a importancia da colaboración e apoio da Deputación en materia de normalización lingüística”. A rexedora local adiantou que esta axuda “permitirá avanzar en varios proxectos que o SNL de Redondela ten en marcha”.

Lembrou Digna Rivas que nesa liña de traballo, recentemente presentouse o proxecto de recuperación e conservación da microtoponimia do municipio e, con esta axuda, “poderemos seguir avanzando noutros proxectos innovadores cos cales quere integrar a novos axentes no proceso de normalización lingüística, dende o comercio local até o ensino pasando por áreas tan diferentes como as persoas maiores ou o tecido cultural”.

A alcaldesa redondelá lembrou que Redondela “foi e segue a ser un referente en materia de normalización lingüística” e, historicamente, “un dos primeiros concellos de Galicia en apostar e normalizar o uso do noso idioma nas relacións da administración local coa cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará