Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esixen que se incremente o prazo de matrícula para o Bacherelato de Artes

pedro

O Concello cualifica de “ridículo” o prazo de prematrícula aberto para o Bacharelato de Artes –do 3 ao 9 de maio- e solicita xunto coa Federación de Anpas unha reunión urxente co Conselleiro de Educación. O BNG leva o tema ao parlamento e esixe a ampliación dos prazos de matrícula.

“Non é de recibo que nun tema de tanto calado, como o Bacharelato de Artes, a Consellería de Educación estea actuando cunha política de improvisación continua, asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen se suma así as críticas tamén emitidas dende as Anpas.

Logo de asegurar a Consellería que, en caso de habilitarse dito bacharelato en Redondela “se daría un prazo de matrícula non interior a 15 días, nais, pais e alumnado atópanse coa sorpresa que tan só teñen 5 días –do 3 ao 9 de maio– para formalizar a preinscrición, nunha nova tomadura de pelo da administración educativa”, denuncia a alcaldesa de Redondela. A propia federación de ANPAS foi a que transmitiu ese prazo ao estudantado de Soutomaior e Pazos de Borbén, “aos que a Consellería tamén ignorou”.

Un tema que chega tamén ao parlamento da man do BNG quen esixe a ampliación de ditos prazos de matrícula. O portavoz de ensino no Parlamento Galego: Manu Lourenzo cualifica de surrealista que obriguen ao alumnado a renunciar a prazas nas que o alumnado está preinscritos en 5 días sen información e sen garantías.

O BNG, a través da súa deputada Alexandra Fernádez, rexistrou unha pregunta no parlamento Galego denunciando o caos e a confusión que están a sementar o PP e a Consellaría de Educación co Bacharelato de Artes en Redondela.

Alexandra Fernández, xunto co portavoz de ensino no Parlamento Galego, Manu Lourenzo, sinalaron que o alumnado de Redondela e a súa comarca non merece ser tratado deste xeito.

Praza garantida

Mentres dende a Xunta insisten en que aqueles alumnos que estean matriculado noutros centros educativos, malia ter que renunciar a esa matrícula ao formalizar a súa solicitude para cursar bacharelato de Artes no Pedro Floriani en ningún caso se verán prexudicados. Aseguran que “no caso de non acadar praza no Floriani manterase a inscrición solicitada inicialmente noutro centro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará