Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A dixitalización da escola, a debate na Casa da Cultura

internte

O coordinador da área de dixitalización e contaminación electromagnética de Ecoloxistas en acción, Xulio Carmona será o encargado de conducir esta actividade que se desenvolverá este xoves 5 de maio na Casa da Cultura ás 19:30 horas. Organizada pola Federación de Anpas a charla leva por título “Escola saudable, Internet só por cable”.

Francisco Alvarez, Federación Anpas

Xulio Carmona falará das necesidades de identificar as distintas problemáticas da dixitalización na educación e na vida cotiá. Dende a exposición ás radiofrecuencias (dentro e fora das aulas), á profunda pegada ambiental da contaminación dixital (enerxética e climática, e as derivadas do extractismo mineiro e o lixo tecnolóxico), así como das súas problemáticas asociadas (dependencia tecnolóxica e adiccións, obsolescencia tecnolóxica e hiperconsumismo).

Abordará tamén cuestión tan preocupante como a especial vulnerabilidade da infancia e da xuventude por diferentes cuestións, dende a exposición precoz e constante a campos electromagnéticos, os impactos do uso precoz e abusivo das pantallas no desenvolvemento neurolóxico e cerebral así como na adquisición de condutas aditivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará