Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas demandan ao Concello que se involucre na problemática do transporte escolar aos Institutos

autobusmendiñoa

Explican dende a Federación de Anpas que, ante a negativa da Xunta a facilitar o transporte ao alumnado de bacharelato e ciclos das parroquias, cómpre que o Concello adopte medidas de cara a facilitar este servizo as persoas afectadas. Neste sentido reclaman que se cuantifique o número de alumnado que queda sen transporte nos institutos de Mediño e Floriani e habilite un autobús co fin de garantir o acceso o ensino deste alumnado en igualdade de condicións independentementa do seu lugar de residencia. Unha solución que aseguran xa se está a implementar noutros concellos do país.

Reclaman tamén que se faga un estudo da seguridade viaria da contorna dos centros educativos do noso concello.

Outra das petición que os membros da Federación lle trasladaron ao Concello é a necesidade de que asuma a xestión das subvencións de Servizos Sociais destinadas a axudar a familias con necesidades económicas nos servizos de comedor escolar “na actualidade son as ANPAS as que xestionan estas subvencións o que supón acceder a información sensible competencia dos Servizos Sociais municipais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará