Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos bancos no paseo da Praia de Cesantes

bancospraia

O Concello de Redondela deu por rematados os traballos de substitución de todos os bancos que se atopan no paseo marítimo da praia de Cesantes, unha actuación que contou cun investimento de 5.863,64 € (IVE incluído) e que se financiou a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

As labores de substitución destes elementos do mobiliario urbano “absolutamente deteriorados tanto pola súa antigüidade como polo feito de atoparse nun lugar no que ten que soportar unhas duras condicións meteorolóxicas” supoñen para alcaldesa Digna Rivas “unha clara aposta pola mellora das nosas zonas de lecer que redundará en beneficio das persoas usuarias”.

Os novos bancos, especialmente preparados para resistir á intemperie, contan con pes de fundición dúctil con tratamento Ferrus –proceso protector do ferro que garante unha óptima resistencia á corrosión– acabado con imprimación epoxi e pintura poliéster en po cor negro.

A bancada está composta por seis taboleiros de 110×35 cm de madeira tratada con protector funxicida, insecticida e hidrófugo de cara a limitar os danos causados polas condicións meteorolóxicas, con acabado en cor natural e parafusos de aceiro inoxidable. A altura dos asentos, que nas dúas patas anteriores terán o escudo do Concello de Redondela, é de 45 centímetros e unha lonxitude total aproximada de dous metros.

“O paseo da praia de Cesantes é un lugar extraordinariamente frecuentado durante todo o ano –apunta a alcaldesa Digna Rivas– polo que é preciso que as veciñas e veciños que o desfrutan poidan tamén contar cun mobiliario urbano en perfecto estado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará