Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura incrementa as achegas á Festa dos Maios para animar á participación tras dous anos de ausencia

maios

As persoas interesadas en participar desta festa tradicional que cada primeiro de maio celebra a primavera coas máis variadas e sorprendentes esculturas vexetais teñen de prazo ata o vindeiro 22 de abril para se inscribir no rexistro do Concello. Cada Maio participante, que deberá estar elaborado con produtos vexetais, contará cunha subvención pro participar de 100 euros. Repartiranse 5.000 euros en premios, sendo o primeiro de cada categoría de 300€, o segundo de 250€ e o terceiro de 200 euros.

Logo de dous anos de ausencias por mor da Covid, onde a festa continuou exclusivamente de xeito virtual, este 2022 quere volver a súa celebración tradicional, sacando novamente os maiso á rúa. Por ese motivo anímase a veciñanza a presentar o seu maio a esta celebración que se vivirá no festivo do 1 de maio, data que este ano cae en Domingo.

Na categoría de maio tradicional poderán participar os construídos con forma cónica ou de cruceiro a partir de materiais vexetais (especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas) e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. O único material non vexetal permitido é a cáscara de ovo. O resto das formas concorrerán na categoría de maio artístico, valorándose a orixinalidade da forma, a colación do fiúnchos, a utilización de flores e demais elementos decorativos así como a invisibilidade da estrutura do maio. O xurado valorará positivamente a exclusiva aplicación de técnicas de construción mecánicas fronte a outras con materiais sintéticos (colas ou pegamentos).

As coplas deberán estar escritas en lingua galega e será imprescindible que cada maio conte, como mínimo, con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado. O xurado valorará especialmente a retranca, o enxeño o ritmo e a linguaxe empregada, penalizándose o uso de palabras malsoantes ou ofensivas.

Na interpretación valorarase a posta en escena, a sincronización, a afinación das voces, a utilización de elementos de acompañamento (paus, caxatos etc.) e o uso das prendas que estean de acordo co modelo tradicional (boina, camisa branca e pantalón con remendos).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará