Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan tres roubos en vivendas unifamiliares de Chapela e Cabeiro

roubo

A Policía Local de Redondela informa des tres roubos acontecidos ao longo da xornada de onte martes no noso concello. O primeiro deles tivo lugar pola mañá nunha vivenda na rúa Parada en Chapela. Os outros dous producíronse pola tarde, nun domicilio no Camiño do Penedo e noutra vivenda próxima no camiño Fonte da Agra, ambos os dous na parroquia de Cabeiro.

Descoñécese o valor do roubas porque as dilixencias e a correspondente denuncia está en mans da Policía Nacional, encargada de realizar as investigacións neste tipo de casos.

A estes roubos habería que engadir un cuarto intento, logo de que un veciño alertara de que tres individuos estaban intentando entrar nunha empresa de despedazamento de pezas industriais que se atopa na parroquia de San Vicente de Trasmañó. Neste caso, os axentes desprazados ao lugar tras recibir o aviso non localizaron aos posibles delincuentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará