Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por continuos malos tratos a súa parella

viogen

Na xornada de hoxe o detido pasará a disposición xudicial. Será a xuíza quen valore o establecemento de medidas adicionais encamiñadas a protexer á vítima, coa posibilidade de que se decrete unha orde de afastamento. A muller estivo acompañada da Unidade Especializada de  VioGen da policía local que se encarga de xestionar a protección das vítimas de violencia machista.

Foi a propia vítima, tamén veciña da Redondela e que convivía co agresor e co fillo de ambos, menor de idade, quen presentou a denuncia logo de ser asesorada polos servizos policiais. A muller levaría soportando continuos malos tratos e ameazas por parte da súa parella.

Un caso que se vén engadir a outros dous casos de violencia de xénero que se producían no noso concello na semana pasada, un polo quebrantamento dunha orde de afastamento e o outro tras detectarse unha agresión contra unha muller por parte da súa parella nun vehículos estacionado na zona de Santa Mariña.

Ademais dos servizos municipais centralizados no CIM, as mulleres que estean pasando por esta situación contan actualmente coa Unidade VioGen da Policía Local a través da cal se realizan labores como vixilancias preventivas e seguimentos para velar polo cumprimentos das ordenes de protección así como atención ás vítimas e acompañamentos aos xulgados, entre outras funcións.

Lembramos que as vítimas de violencia machista teñen a súa disposición ás 24 horas o teléfono 016 e o número de WhatsApp 600 000 016 que non deixa rastro na factura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará