Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol de Monroy permite ao Choco sumar tres importantes puntos ante o Silva

choco

Unha vitoria que permite ao equipo redondelán acortar distancias coa parte media da táboa e aumentala con respecto algúns dos seus rivais directos. 

Un partido moi disputado, xa que os dous equipos se xogaban moito. O equipo de Amoedo conseguiría ter o balón e ocasionar accións de perigo, onde as máis claras chegarían nos primeiros intres en xogadas a balón parado dende a esquina. No 6’ e no 10’ os remate de cabeza de Ronald e Chisco respectivamente de atinar poderían ter adiantado ao ipo. No 15’ Félix faría o propio máis o esférico parecía que non quería entrar na portería defendida por Ríos. 

Tras o tempo de descanso, o Choco de novo sairía moi ben, xogando moito no área rival e creando ocasións de perigo, cuxa recompensa chegaría co gol de Monroy nunha xogada combinada por banda dereita e que o dianteiro remataba dende o borde do área. 

Co 1 – 0 o Silva deu un pasiño adiante e tocou sufrir porque costábaslle sair co balón. O CD Choco soubo aguantar, facendo que os tres puntos quedasen en Santa Mariña. 

O próximo domingo o Choco xoga no campo do Estradense, situado na oitava praza da categoría.

 Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Chisco, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Maceira, Félix, Álex Pérez, Toni e Monroy. Tamén xogaron Rancaño, Capelo, Álex Figueroa e Pedro Pérez.

Silva SD: Ríos (p), Brais Lema, Parafita, Justo, Fiuza, João Paolo, Marcos Gómez, Álvaro Rey, Antonio López, Antonio Garda e Nicolás K. Tamén xogaron Dembele, Joaquin, Kun e Alejandro Sánchez 

Goles: 1- 0 Monroy (50’)

Os colexiados Miguel Ángel Castro, Jesús Piñeiro e Miguel Ángel Vilas amoestaron aos locais Chisco e Caloi e aos visitantes Joao Paolo e Brais Lema. 

Incidencias: partido correspondiente á xornada 30 do campionato da Terceira RFEF, disputado no Campo Municipal de Sta. Mariña. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará