Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan os traballos de roza e limpeza dos camiños e estradas de titularidade municipal

roza

Os traballos, que se desenvolverán neste mes de abril, comezan pola parroquia de Chapela –última en limparse o pasado ano–, e serán desenvolvidos por persoas en situación de desemprego contratadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Redondela iniciou neste mes, os traballos de roza e limpeza das estradas e camiños de titularidade municipal. Por primeira vez as labores de rozado inícianse en abril –máis de dous meses antes que o que era habitual nos anteriores gobernos– o que permitirá que, na primavera e verán, o viario municipal estea en perfectas condicións para o seu uso por parte da veciñanza.

Ao igual que aconteceu o pasado ano e en contraposición do sistema utilizado por anteriores gobernos que optaban pola contratación de empresas, o Concello que preside a socialista Digna Rivas opta, un ano máis, pola contratación de persoas en situación desemprego a través da liña 3 do Plan Concellos o que, segundo a rexedora redondelá “permite adiantar o calendario de limpeza e rozado e, ao mesmo tempo, contribúe a aliviar a situación económica das persoas desempregadas contratadas”.

Os traballos comezarán na parroquia de Chapela, última na que o pasado ano desenvolvéronse as labores de roza e limpeza e seguindo, polo tanto, o sentido inverso ao percorrido do 2021. “A contratación de 11 traballadoras/es forestais, permite optimizar a limpeza viaria seguindo un sistema que, ao mesmo tempo, propicia a recollida dos restos e evitando a súa acumulación”, explica Digna Rivas.

A roza e limpeza viaria será realizada por tres brigadas compostas, cada unha, por dúas persoas con máquina de rozado a pe e dous traballadores/as de limpeza de cunetas e recollida de maleza. Amais, os equipos contarán co reforzo de tractores de rozado en altura. Doutra banda e como se sinalaba con anterioridade, contarase con medios mecanizados para transportar diariamente os restos da roza ao lugar de xestión dos mesmos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará