Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian actos vandálicos contra as esculturas do Artelixo

gomas

O colectivo Artelixo amosou o seu malestar logo de que varias das obras expostas na rúa sufriran na madrugada do domingo numerosos danos. Esculturas como a titulada “Mundo de gomas” instalada nas inmediacións da Casa da Torre apareceu medio desfeita e movida do seu emprazamento. Algo semellante aconteceu con outras obras como as instaladas no palco da música da Alameda.

Malia que este ano son moitas máis as obras que se poden ver en escaparates e establecementos comerciais, hai quen prefire que as súas propostas artísticas sexan ubicadas na rúa.  Precisamente rúas e prazas serían o emprazamento natural deste evento que busca sacar a arte á rúa ao tempo que reivindicar unha maior concienciación en torno ao lixo. O risco de que estas obras sufran as accións vandálicas existe, pero dende o Colectivo Artelixo lamentan que se produzan este tipo de feitos que danaron varias esculturas na madrugada do domingo.

Un festival que logo da inauguración do sábado en Quintela arranca a semana coa intervención “A arte non ten cancelas”. O artista local Suso Ben será o encargado de pintar un portal na rúa José Regojo. Unha intervención urbana que arranca hoxe e que se prolongará durante os vindeiros días ata rematar a obra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará