Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR logra a súa terceira vitoria consecutiva ante o Lanzarote, única vitoria para o balonmán local

sar rodavigo

Na División de honra prata feminina as de Redondela non foron quen de facerse co derbi ante o Porriño. Na primeira nacional masculina, mentres a Sar acadaba un novo éxito o Rodosa Chapela caía ante o Seaplast.

SAR Rodavigo 35-40 Rubensa BM Porriño                                

Entretido derbi o dispudato este sábado na Bomboneira, no que as de Porriño foron superiores pero cunha Sar que non se rendiu e que en todo momento lle plantaron cara. Encontro sen nada en xogo correspondente xa o tramo final da tempada que deixa a SAR na novena posición da táboa.

A competición continúa para as de Verónica Posada na vindeira fin de semana. Xogan o sábado día 9 en Canarias contra o Cicar Lanzarote Ciudad de Arrecife, un dos equipos fortes do grupo situados no segundo posto da clasificación.

 Primeira nacional masculina

SAR Plastic Omnium 22- 21 Lanzarote

O partido, disputado no pavillón de Redondela, foi para os locais quen lograron a vitoria pola mínima ante os terceiros clasificados da liga, o Lanzarote. Un partido moi igualado chegándose ao descanso cun empate no marcador 10-10. A segunda parte arrancou con mellor sorte para os visitantes que lograron poñerse por diante no marcador, logrando unha vantaxe de dous tantos. A SAR reaccionou facéndose co partido ata o remate final, cun marcador que deixa os puntos na casa tras a vitoria dos de redondela por 22 goles a 21.

A competición para a SAR, que segue pelexando pola permanencia, visitará a pista do Bueu.

Rodosa Chapela 22-31 Saeplast

O equipo local non foi quen de facerse co partido malia xogar na casa. Protestas continuadas ante os árbitros que se traduciron en expulsións, levando ao Rodosa a xogar en inferioridade durante varios minutos dun partido que remataba con clara vitoria dos visitantes. O encontro remataba cun duro marcador de 22-31 que lle permitiu ao Seaplast facerse cos puntos en xogo.

A volta de Semana Santa o Rodosa Chapela, afundido no último posto da clasificación, xogará novamente na casa, recibirá o sábado 23 ás 18:30 no pavillón Municipal González Soto ao Magope Seis do Nadal, equipo tamén moi necesitado de puntos situados no terceiro posto pola cola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará