Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos e o Redondela Maramar prepáranse para un derbi dende o máis alto

redondela maramar

Na Terceira división do Futbol Sala o Campito non foi quen de facerse cos puntos en xogo nesta fin de semana e caía ante o Beade. Mellor sorte para Redondela Maramar e Pazos de Borbén que suman os seus partidos por vitorias e que se enfrontarán na vindeira fin de semana dende os postos altos da Preferente Sur.

Campito 2-4 Beade

Situación periogosa para o campito na terceira división. Logo de perder ante o Beade sitúanse terceiros pola cola. Na vindeira semana desprázanse ao campo do Carballiño situados na parte media da táboa.

Redondela Maramar 6-2 Teis

As Neves 8-4 Arealonga

UD Coles 3-7 Pazos F.S.

O equipo de Pazos volveu amosar esta fin de semana que son líderes indiscutibles da categoría cunha vitoria por 3-7 ante o Unión Deportiva Coles. Coa confianza que da o liderado tentarán afianzarse nesa posición ante outro dos equipos fortes da categoría, o Redondela Maramar, segundos da táboa e que veñen de amosar tamén nesta fin de semana o seu bo estado de forma tras vencer por 6-2 ao Teis.

Ambos os dous equipos enfrontaranse o vindeiro domingo día 10 nun encontro no que o Pazos serán os anfitrións.

Peor lle foron as cousas ao equipo de Chapela. O Arelaonga caía ante As Neves nun partido que rematou co resultado de 8-4 e que deixa aos de Chapela na decimocuarta posición. Tentarán facerse cos puntos en xogo no encontro da vindeira semana candao reciben na casa ao Quinta de Tui.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará