Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra”

acorda

Unha actividade que forma parte dun programa de actos en torno á memoria que terán como elemento central a homenaxe institucional do Concello de Redondela ás mulleres da Illa de San Simón que se celebrará o venres 22 de abril, unha homenaxe que tivo que ser adiada o pasado inverno por mor da pandemia.

O Multiúsos da Xunqueira acolle este vindeiro día 1 de abril, ás 19:30 h no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, a proxección do documental no que se amosan lugares estreitamente vinculados á memoria histórica –entre eles a illa de San Simón– e feitos históricos relacionados coa represión franquista na provincia pontevedresa. Nesta peza audiovisual participan recoñecidas voces de artistas do panorama musical galego como Uxía Senlle ou Tanxugueiras e marcará o inicio de actividades que o Concello de Redondela a través do Servizo de Normalización Linguística desenvolverá ao longo do mes de abril arredor da memoria histórica.

O acto central será o día 22 coa homenaxe ás mulleres da Illa que confían poida celebrarse “como peche do ano das mulleres, con toda a solemnidade que o acto require e contando coa participación das familias”, logo de ter que ser adiado o pasado inverno.

A programación do Mes da Memoria continuará o día 28 de abril, tamén ás 19:30 no Multiúsos da Xunqueira, cun obradoiro musical que correrá a cargo do recoñecido músico e activista cultural Xurxo Souto. Esta actividade recupera a tradición musical previa á guerra e que foi frustrada pola contenda bélica.

Finalmente, durante o mes de maio na sala de exposicións da Xunqueira se colocará a exposición de “Acorda”, que recolle o material do documental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará