Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo saca á rúa cen propostas artísticas elaboradas con material de refugallo

arte lixo local

A parroquia de Quintela acolle este sábado a inauguración do Artelixo 2022 que nesta edición amosará ao redor dun cento de obras que se poderán ver en escaparates, rúas e prazas de Redondela. Esculturas, intervencións e performances forman parte deste certame no que arte e reivindicacións van da man dende os seus inicios aló pola década dos 90. Un lixo que se converte en arte e que vai ser protagonista deste evento que se prolongará dende o 2 ata o día 16 de abril.

O groso das obras poderemos velas nas rúas da vila, pero tamén haberá obras nas parroquias de Quintela, Chapela e Reboreda.

Un museo ao aire libre que se complete con outras propostas nacidas nos últimos anos. Así “A arte non ten coancelas” contará nesta edición coa colaboración do artista local Suso ben, quen intervirá nun portal da rúa Regojo.

O día 9 a cita será co sonalixo nas antigas casas dos Mestres. Un palco aberto para que todos os que o desexen se suban ao escenario para recitar, cantar ou tocar. Unha cita que arrancará cun espectáculo familiar ás 18:00 horas a cargo de AntonKé e un obradoiro para as crianzas.

E tamén a partir do sábado no Multiúsos da Xunqueira poderemos ver unha mostra de obras de pequeno formato a cargo do artista de Arcade, Daniel barreiro. “Obxectos de autor” é o nome dunha mostra na que se recollen diferentes esculturas elaboradas, como nos podía ser doutro xeito, con material reutilizado.

Dende o colectivo Artelixo, Fon Conde anímanos a asistir xa este sábado á inauguración na parroquia de Quintela, nun evento que se desenvolverá durante todo o día a partir das 13:00 horas con pasarrúas, lectura de pregón, xantar popular, obradoiros para as crianzas e música con As Efémeras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará