Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plastic Omnium e o ex encargado acusado de acoso a unha traballadora recoñecen o delito e aceptan indemnizala

xulgado

As partes, segundo explican dende a CIG, chegaron a un acordo extraxudicial e pactaron unha cantidade económica por danos e prexuízos para compensar a perda salarial da afectada

A vista que ía ter lugar o pasado martes 29 no Xulgado do Social número 7 de Vigo tras a denuncia de acoso laboral presentada por unha traballadora de Plastic Omnium contra un ex encargado da empresa e contra a propia compañía finalmente non se celebrou unha vez que o acusado e a firma do sector do automóvil, explican dende o sindicato “recoñeceron os feitos e aceptaron indemnizala por danos e prexuízos”. Deste xeito, tanto a compañía do sector da automoción como o procesado deberán achegar unha cantidade económica para compensar a importante perda salarial que padeceu a afectada durante todo o proceso.

A empresa e o acusado intentaran xa chegar a un acordo coa traballadora o pasado 4 de xuño, data na que inicialmente ía ter lugar un xuízo, ofrecéndolle unha cantidade económica a modo de indemnización a cambio de que constase que o acusado, de cuxa defensa se encargaba unha avogada de CCOO, non asumía os cargos. Tamén solicitaba que a afectada renunciase a calquera tipo de acción xudicial posterior, polo que a traballadora rexeitou o acordo e o proceso xudicial seguiu o seu curso.

Posteriormente a celebración da vista foi suspendida unha vez máis, até que o pasado martes 29 as partes chegaron a un acordo extraxudicial en base ao informe elaborado pola comisión de acoso de Plastic Omnium no que se dá por probado a existencia de acoso laboral con agravante de xénero. En consecuencia, tanto a empresa como o procesado deberán achegar unha cantidade económica para compensar a importante perda salarial que padeceu a afectada durante todo o proceso, polo tempo que estivo de baixo e no que deixou de percibir o seu salario completo.

Faltas de respecto, persecución e control

Dende a CIG-Industria de Vigo lembran que as demandas contra Plastic Omnium e o encargado presentáronse despois de que a afectada denunciase diante da empresa que estaba a ser obxecto de acoso laboral e por razón de sexo. A raíz desta denuncia activouse un procedemento de investigación interno que determinou a existencia de acoso e que derivou en medidas contra o acusado, como a perda da súa condición de encargado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará