Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello Escolar Municipal esixe a implantación dun Bacharelato de Artes en Redondela

bacherelato

Entenden que é imprescindible que o concello conte con esta especialidade de cara “a garantir o dereito á educación e á igualdade de oportunidades para toda a mocidade da bisbarra”.

No escrito, o Consello lembra que a necesidade de implantar este bacharelato foi referendada, tamén por unanimidade, polo Pleno da Corporación do 28 de xuño do 2021 e pola Comisión de Ensino do Parlamento de Galicia do 22 de setembro do mesmo comprometéndose “a cuantificar a demanda destes estudos como paso previo á súa implantación no curso 2022/2023 vendo a demanda existente destes estudos en Redondela”.

Explican dende este organismo que a implantación destes estudos “non só beneficia ao alumnado do municipio de Redondela, senón tamén ao do veciño Pazos de Borbén cuxos mozos e mozas estudan nos IES redondeláns, ou mesmo aos estudantes de Soutomaior que carecen desta especialidade de bacharelato”.

Por ese motivo, o Consello Escolar acordou “esixir a implantación do Bacharelato de Artes en Redondela o próximo curso 2022-23 á Consellaría de Cultura, Educación e Universidades” e, ao mesmo tempo, trasladar o acordo acadado “ao Goberno Municipal de Redondela, á Xefatura Territorial de Educación, á Consellaría de Cultura, Educación e Universidades e aos medios de comunicación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará