Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno local esixe á Xunta que acometa as obras de ampliación e retirada de amianto do IES Pedro Floriani

pedro floriani

Reclaman da Xunta que “faga fronte aos compromisos adquiridos coa comunidade educativa” e enumeran como obras pendentes o arranxo das fiestras do Colexio de Cesantes e Alexandre Bóveda, o convenio para as pistas polideportivas do Illa de San Simón e as obras de mellora do IES Pedro Floriani.

O Goberno local denunciou “os continuos e reiterados incumprimentos” da Xunta de Galicia con respecto aos compromisos adquiridos co Concello en materia de educación, compromisos referendados pola delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, durante unha reunión mantida en maio do 2021 coa alcaldesa Digna Rivas.

Para a rexedor local non é de recibo que de obras como a ampliación do IES Pedro Floriani, “anunciadas pola Xunta como inminentes, non se teña noticia algunha, ao igual que acontece coas pistas polideportivas do IES Illa de San Simón para as que o Concello segue a espera dun convenio de colaboración do que non hai noticias”.

Nese sentido, o Consello Escolar de Redondela, órgano consultivo e de participación de todos os sectores implicados no ensino, acordou na súa última reunión esixir á Xunta de Galicia a realización “urxente” de distintas obras nos centros escolares “e que faga fronte aos compromisos adquiridos no seu momento coa comunidade educativa”. Algunhas das obras esixidas levan no esquecemento máis dun ano, –como é o caso do arranxo das fiestras do Colexio de Cesantes e o Alexándre Bóveda– e outras poden ter incluso repercusións para a saúde da comunidade educativa como é o caso da retirada de amiantos dos colexios especialmente no IES Pedro Floriani.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará