Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae ante o Fabril nun encontro disputado en Santa Mariña

choco

Non foi quen o equipo redondelán de manter a súa boa racha con catro xornadas sen perder, sumando tres vitorias e un empate. O encontro aprazado ante o Deportivo Fabril e que se desenvolveu no campo de Santa Mariña rematou con derrota para os locais por 0-3.

Os de Juan Amoedo arrancaban ben o partido chegando a meta e cun gol anulado a Comis por falta previa, pero os coruñeses foron quen lograron abrir o marcador cun saque de esquina a cargo de Juan Cambón. Na segunda metade ampliaron a súa vantaxe con dous goles de Victor Guerra.

Este domingo o Choco volve xogar na casa, recibe ao Silva, na parte media da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará