Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa a Festa da Cacheira, unha festa que non parou nin a pandemia

festa cacheira

Por cousas do calendario, a festa da Cacheira celebrouse no fatídico ano 2020 o 8 de marzo, a tan só uns días de que o país se vira inmerso no estado de emerxencia declarado polo coronavirus. O pasado ano, dende o Concello de Pazos decidiron adaptar a celebración ás restricións impostas pola crise sanitaria e nesta XXI edición, que se celebra o vindeiro domingo día 27, manteñen a cita “semipresencial”, é dicir, haberá actividades ao aire libre e a cacheira prepararase para levar.

A cita gastronómica máis popular do municipio e unha das festas culinarias máis consolidade do inverno na provincia regresa esta fin de semana. Malia a aposta do Concello por manter o evento non se servirá o prato no recinto da festa “era moi arriscado porque a degustación facíase nun recinto pechado e optamos por manter unha certa prudencia” explica a tenente de alcalde Eloisa Nogueira. Por ese motivo a cacheiras poderase degustar como manda a tradició: cocida e troceada, con acompañamento de patacas, chourizo e grelos, pero iso si, cada un na súa casa. Estiman que se servirán ao redor de 400 racións, atendendo ao número de reservas xa realizadas.

Si hai actividades que se retoman como o pregón “que correrá a cargo dunha experimentada cociñeira da zona quen falará do xeito de preparar este prato típico do concello” e actividades musicais. Será a partir das 12:00 horas na praza do Concello con desfile e actuación da comparsa Vaibén de Cepeda e a actuación de varios grupos musicais locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará