Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a reforma da Casa da Banda de Música de Arcade

reforma

A mellora conta cun orzamento de 15.000 euros e suporá unha renovación total da edificiación, mellorando en gran medida a habitabilidade do inmoble.

 O Concello de Soutomaior acaba de comezar os primeiros traballos de mellora e rehabilitación da Casa da Banda de Música. Unha actuación coa que o goberno local pretende recuperar este espazo para a súa conservación e uso como punto de encontro social, ademais de supor unha mellora nas infraestructuras destinadas a fomentar a cultura no municipio.

Para iso procederase a instalar un novo revestimento nas fachadas con varios compostos que garantan o illamento e a durabilidade da edificación. Do mesmo xeito, no interior do inmoble renovarase completamente mediante a restauración e illamento das paredes e chans para o seu posterior pintado. Por último, renovaranse varios elementos do sistema de saneamento do inmoble por outros de aluminio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará