Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cen persoas desempregadas participan no Programa de Emprego de Redondela

programa emprego

O programa integrado conta cun investimento de preto de 257.000 euros dos que a Xunta de Galicia achega 221.000 euros e conta cun obxectivo de inserción do 44 % das persoas participantes

Un total de cen persoas en situación de desemprego verán mellorada a súa empregabilidade a través do Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Redondela que foi presentado no Multiúsos da Xunqueira, nun acto presidido pola concelleira de Emprego, María Castro Abad e as técnicas implicadas no programa Belén Oblanca Rivero y Ana Concheiro Sánchez

María Castro Abad animou ás e aos participantes “a aproveitar esta extraordinaria oportunidade para mellorar a empregabilidade” e subliñaba “a atención personalizada” con que contarán as persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.

Pola súa banda a alcaldesa Digna Rivas lembraba que o Goberno redondelán “apostou e segue a apostar pola formación das persoas en desemprego como mellor ferramenta para a súa inserción nun mercado laboral cada día máis especializado e competitivo”.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela conta cun orzamento de 257.000 euros –dos que 221 000 euros serán achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade, e os 35 980 euros restantes, polo Concello de Redondela– e nel participarán 30 persoas menores de 30 anos con baixa cualificación; 20 desempregados e desempregadas menores de 30 anos; 15 persoas en risco de exclusión social; 10 maiores de 45 anos; cinco persoas con discapacidade e outras quince perceptoras de prestacións.

O obxectivo deste Programa de Emprego, é o de mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego e para iso, as e os participantes contarán cunha atención personalizada durante os meses que dure esta iniciativa.

Os participantes recibirán formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, fomento de capacidade emprendedora, formación para o emprego en áreas que demandan traballadores como atención ao cliente, ocupacións relacionadas co comercio, formación en manexo de maquinaria, operario/a de almacén e xestión loxística, formación relacionada co ámbito da hostalaría, formación para traballos de produción, formación en mantemento industrial, limpeza, conxelados …, formación online diversa, formación que se vai a adaptar aos perfiles das persoas participantes, e ao seu nivel académico.

Terán ademais a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas

en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas realizadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará