Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primeiro tropezo do Pazos, que segue lider indiscutible

Pazos21-22

Fútbol Sala Terceira

Campito Chapela 3-8 Xove

Os de Chapela non puideron cun dos equipos máis fortes do grupo, e perderon goleados ante o Xove. Na próxima xornada visita a pista do Concello de Begonte, outro dos rivais da parte alta da táboa.

Preferente Sur

Redondela Maramar 4-7 Valladares

Os de Redondela manteñen a segunda praza do grupo malia a derrota ante o Valladares. Na próxima xornada visitan a pista do Marín Futsal, 6º do grupo pero xa a 18 puntos de distancia dos redondeláns.

Balona Linense 7-1 Arealonga

Derrota dos de Chapela que perderon por goleada no pavillón vigués. Na próxima xorenada reciben ao Cesures, un posto por riba do Arealonga, con 7 puntos máis.

Quinta de Tui 4-4 Pazos

O pavillón de Tui foi o primeiro escenario da temporada onde o SD Pazos non gañou. Os de Fran Amoedo tiveron que conformarse cun empate logo de sumar 20 vitorias nas 20 xornadas disputadas ata ese momento. A Quinta de Tui fixo un gran partido, e o Pazos superado polos locais en intensidade e xogo. Puxéronse por diante os tudenses con dous goles nos primeiros compases do partido. Logo o Pazos anotou o 2-1 e mesmo tivo varias ocasións para empatar. Na segunda parte os de Amoedo dominaron e remontaron ata poñerse 2-3. Pero nun minuto os locais déronelle a volta e volvían poñerse 4-3 por diante. Nos últimos minutos o Pazos acadaba o empate. Un punto que lles permite seguir como líderes absolutos, a 9 puntos do Redondela que é 2º, e a 22 do Baíña, que é 3º.

Esta semana recibirán a un dos equipos fortes da categoría , o Cereixa de Gondomar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará