Hoxe é Domingo 29 de Maio de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco respira logo dunha merecida vitoria ante o Arzúa

ChocoArzua

Terceira División

Choco 2-0 Arzúa

O CD Choco sumou tres puntos moi importantes para o seu obxecitvo, e esta semana está fóra dos postos de descenso. Onte xogaban un partido ante un rival moi complicado, o Arzúa non lle puxo as cousas doadas aos de Juan Amoedo. O CD Choco saltou ao terreo de xogo moi metido no encontro, e tivo a posesión do balón e chegadas perigosas a área desde o comezo do partido. Pronto se puxeron por diante, cunha boa xogada de Álex Pérez que tras un recorte atinou na diana subindo o primeiro gol do partido no minuto 9. Todo se poñía a favor do CD Choco cando no minuto 15 era expulsado Diego tras derribar ao último xogador do CD Choco nunha xogada perigosa. A falta rematouna Félix e marchou alta. Houbo máis ocasións para os locais no primeiro tempo, pero non se materializaron, chegando ao descanso co 1-0. Trala reanudación do encontro, o CDS Arzúa subiu a presión e complicou as cousas ao CD Choco, pero eran os redondelás os que seguían a gozar das ocasións máis claras. A medida que avanzaba o encontro o CSD Arzúa chegaba con máis rotundidade a área de Cortegoso, cu tiro ao largueiro. No 88 Caloi materializaría o segundo tanto do partido dende o punto de penalti. Sen tempo para máis, o encontro remataría cun definito CD Choco 2- 0 CDS Arzúa. O próximo domingo visitan o campo do Atlático Arnoia, cos anfitrións no pozo da táboa.

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Chisco, Comis, Caloi, Félix, Álex Pérez, Toni Armada, Kopa, Capelo e Berni. Tamén xogaron Monroy, Alberto Suárez, Lucas Carminati.

CDS Arzúa: Christopher, Bilal, David, Adrián, Antonio, Diego, Iñaki, José J., Óscar, Daniel, Jesús Gabarre. Tamén xogaron Daniel Pájaro, Pedro Delgado e Brais.

Goles: 1-0 Álex Pérez (9’), 2-0 Caloi (de penalti) (89’).

Primeira Galega Fase Permanencia

Arcade 3-3 Zacande. Na próxima xornada o Arcade visita o campo do Tyde.

Segunda Galicia

Louro 0-0 Atl Vilar

Cesantes, descanso.

Cruceiro 1-2 Soutomaior

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará