Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novo adestramento reivindicativo para reclamar as pistas de atletismo en Redondela

car redondela

A Asociación deportiva C.A.R organiza este martes un novo adestramento ao aire libre co obxecto de reclamar a comprometida pista de atletismo no Illa de San Simón, unha instalación que levan máis de seis anos demandando e que, malia “as promesas dos distintos grupos políticos que pasaron polo concello de Redondela, seguen sen materializarse”.

A situación obriga aos 65 rapaces e rapazas que forman parte da súa escola de atletismo a se desprazar ao Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra para poder realizar os seus adestramentos. Por este motivo convidan a veciñanza a sumarse a esta iniciativa, un adestramento na Alameda que terá lugar este martes en horario de 17:30 a 18:30.

Reivindican dende o club de atletismo que “todos os grupos municipais do Concello se poñan de acordo para que dunha vez por todas este municipio poida contar cunhas instalacións axeitadas para a práctica do atletismo”.

A directiva do club ten claro que se todos os grupos queren o mellor para o concello “este é o momento de demostralo”.

Dende o goberno local aseguran que hai xa unha partida de 150.000 euros dentro dos orzamentos que a dia de hoxe están a negociar co resto dos grupos que se investiría no acondicionamento da pista do IES Illa de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará