Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo recupera folgos e prepara o seu museo de arte con material reciclado

artelixo

Rúas, prazas e escaparates volverán converterse dende o 2 e ata o 16 de abril nun novo museo ao aire libre no que hai oco para todas aquelas esculturas elaboradas con material de refugallo. O prazo para a presentación de proxectos remata o venres día 25 e a día de hoxe xa son 30 as obras presentadas.

Todo apunta a que a participación será importante tendo en conta que son moitos os que esperan ata o último momento para presentar os seus proxectos. Para facelo é preciso cubrir un formulario que se pode atopar nas redes sociais do Colectivo Artelixo así como enviando un mail ao enderezo artelixoredondela@gmail.com.

Un actividade cultural, festiva e reivindicativa que nacera alá polos anos 90 para concienciar sobre as necesidades de coidar o medio ambiente. Co paso do tempo, é xa todo un referente na arte urbana efémera, con escultura que se crean especificamente para as datas do evento a partir de material de refugallo do máis dispar.

Fon Conde, Artelixo

Logo dun par de anos a medio gas, nesta edición xa traballan intensamente da cara a inauguración que terá lugar na parroquia de Quintela, onde o sábado 2 de abril se lerá o manifesto que xirará arredor dos montes e os eólicos. Haberá música, obradoiros para crianzas, xantar popular e festa rachada coa actuación das Efémeras.

Sete días despois, o sábado 9 a cita será na casa dos mestres no centro da vila onde se repetirán as actividades festivas e culturais e se celebrará unha nova edición do Sonalixo.

Un intenso programa que se completará durante todo o mes coa exposición de Dani Barreiro no Mulitúsos da Xunqueira e a intervención artística na rúa A arte non ten cancelas a cargo de Suso Ben.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará