Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior perde 350.000 euros dos fondos ReacPon para melloras no Camiño de Santiago

soutoreacpon

A Deputación de Pontevedra rexeitou definitivamente as alegacións presentadas polo Concello de Soutomaior para acceder ao fondo ReacPon, despois de que o proxecto presentado para a humanización de Cimadevila a Rosalía de Castro non acadase a puntuación mínima para entrar na convocatoria. Isto fixo que Soutomaior perdese unha axuda de 350.000 euros, sendo un dos oito concellos (presentáronse 55 en toda a provincia) que non cumpriron os requisitos necesarios.

Explican dende o BNG que as alegacións presentadas polo concello tras quedar fora da subvención nun primeiro momento “foron taxantemente rexeitadas polos técnicos provinciais”. Nos seus informes afirman que o proxecto presentado non só non se adaptaba aos criterios das bases do Reacpon respecto a mobilidade urbana e calmado de tráfico, senón que mesmo incumpría a Lei de Patrimonio de Galiza, algo que xa de por si imposibilitaba que a institución seguise adiante coa aprobación do proxecto.

Neste sentido, o concelleiro do BNG de Soutomaior Diego Moreira, mostrouse sumamente crítico coa xestión exercida polo alcalde: “presentan un proxecto deficiente e incompleto, cunha tramitación cuestionable legalmente e é por culpa desta improvisación e mal facer de Agustín Regura que a veciñanza de Soutomaior perde outros 350.000 euros en melloras para o concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará