Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER comprométese a apoiar os orzamentos de Rivas a cambio da inclusión do seus proxectos

aer

Entre outras cuestións, a Agrupación de Electores  considera imprescindible que se inicien as xestións para a creación dun tanque de treboadas e a revisión do proxecto de estacionamento disuasorio de Vilavella. A formación rebaixa así as súas esixencias para apoiar o documento económico do goberno local, xa que meses atrás condicionaba o seu voto a dimisión da alcaldesa, Digna Rivas. 

A Agrupación de Eletores de Redondela, mantivo este mércores unha primeira reunión co goberno en relación aos orzamentos e a posibilidade de ofrecerlle o seu apoio para a aprobación dos mesmos. Tras o encontro, responsables da Agrupación valoraron o “diálogo aberto polo goberno” e manifestaron “a súa disposición para chegar a un acordo, sempre e cando a proposta inclúa certos puntos e proxectos propostos pola Agrupación e que entenden como prioritarios para Redondela e a súa veciñanza”.

Entre estes puntos chave para o acordo, AER anticipou na reunión que será imprescindible que os orzamentos inclúan, por exemplo, que o goberno inicie as xestións oportunas para a instalación do tanque de treboadas en Redondela ou que se revise o proxecto previsto para Vilavella. En todo caso, os representantes da Agrupación deixaron claro no encontro que presentarán unha proposta final ao goberno de Rivas cunha ampla e ambiciosa batería de medidas para Redondela que “irán na liña das que tiñamos pensado desenvolver de seguir no goberno e dacordo co noso programa electoral”, puntualizaron. O goberno local iniciaba esta semana unha rolda de contactos con todos os grupos da corporación co obxecto de buscar apoios para sacar adiante un documento económico que ascende a máis de 20 millóns de euros.,

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará