Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A historiadora Raquel Fernández pecha os actos da muller en Soutomaior cunha charla na biblioteca

souto

A biblioteca Luis Seoane de Arcade acolle este venres ás 18:30 horas a conferencia ‘Somos, porque elas foron’, unha charla a cargo da historiadora e responsable da conta Mulleres galegas na que se falará do papel das mulleres durante a transición.

Raquel Fernández, graduada en Historia, está detrás do proxecto @mulleresgalegas unha conta en Instagram que emprega como unha ferramenta para divulgar as súas investigacións persoais sobre distintas mulleres da Galiza. Achegándonos a este perfil atopamos o nome e o labor de moitas mulleres que axudaron a construír o país e a nosa identidade nacional.

Froito dese traballo de estudo e recompilación ofrece hoxe en Arcade esta charla centrada nun período concreto da nosa historia, a transición, e do papel que xogaron as mulleres.

Unha actividade que pecha o programa desenvolvido durante estas semana en torno ao Día da Muller e que contou tamén coa presentación do vídeo “Nós. Infinitas” no que se recollían testemuñas de mulleres da localidade analizando os restos e os problemas das mulleres a día de hoxe.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará