Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luis Cuntín presenta o seu poemario “O caderno de Daia”

luis cuntín

Un libro no que se “reivindica o primeiro amor” a través duns textos que arrancan no ano 1975 e van evolucionando ao longo de máis de tres décadas. O poemario, publicado por Chan da Pólvora será presentado este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nun acto no que Luís Gustavo Cuntín estará rodeado de amigos como Elías Torres Feijó, autor do prólogo, os escritores Arturo L. Regueiro e Santiago González Avión, o pianista Alberto Vilas e a alcaldesa Digna Rivas.

Amante da escritura dende moi novo, os textos que se recollen neste libro abranguen un percorrido vital que vai dende o ano 1975 ata ben entrada a primeira década dos 2000. Habería que esperar ademais varios anos para que finalmente estes textos viran a luz coa súa publicación por Chan da Pólvora. Malia que a súa intención inicial á hora de escribir non era publicar, Cuntín anímase a dar este paso logo de comprender que existe detrás destes poemas unha unidade que lle dan unha coherencia baixo ese título de “O caderno de Daia”.

Lembra Cuntín que comeza a escribir aproximadamente ao redor dos 15 anos en torno a este “musa” que chama Daia, “unha persoa e un personaxe, que está presente en determinados períodos da miña vida con maior ou menor intensidade, que pasa de ser obxecto do desexo a ser amiga, e que se converte tamén nun interlocutor á hora de escribir estes poemas”.

Un longo proceso que se plasma neste poemario que serve para “reivindicar o primeiro amor”, un feito transcendente que confesa Cuntín “fixo que me preguntase polo sentido da vida e o sentido do amor a partir dun amor que se malogra”.

Luis Gustavo Cuntín Docampo, quen profesionalmente se dedica aos estudos sociolóxicos e quen dende hai 20 anos é responsable do programa Tempo de Jazz de Radio Redondela presenta así o seu primeiro poemario “O caderno de Daia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará