Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fiscalía denuncia a Aucosa por un presunto delito medioambiental polos seus vertidos

aucosa

Os veciños solicitan ás diferentes administracións que se persoen no procedemento e “colaboren coa xustiza para impedir a comisión dun presunto delito e a continuidade do mesmo”.

O xulgado de Redondela ven de abrir dilixencias previas tras a denuncia do Ministerio fiscal, pola vía do penal, contra Aucosa por un presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente polos vertidos de augas residuais industriais que esta planta de fabricación de fariñas de peixe causa na ría, na rede de saneamento de Redondela e na Edar de Teis dependente do concello de Vigo.

Para apoiar a súa denuncia, o Ministerio Fiscal presenta as analíticas dos vertidos á ría de vigo, os infromes da policía e denuncias da cidadanía, así como un informe pericial sobre as irregularidades nos vertidos á Rede de saneamento. No informe dase conta de diferentes irregularidades como o feito de que non se inclúan nas análisis contratadas por Aucosa parámetros como a cantidade de nitratos existentes nas augas de vertido industrial “parámetro que por lei ten que ser incluido nas análises de control polo seu elevado potencial contaminante”

Ante esta nova causa xudicial contra a Aucosa, a Plataforma en defensa da Enseada de San Simón así como as Asociacións de veciños de Chapela e Cedeira ten remitido solicitudes aos concellos de Redondela e Vigo, a Dirección xeral de Calidade ambiental, Sostenibilidade e cambio climático, Augas deGalicia, Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a Dirección Xeral de General de Biodiversidade, Bosques e Desertificación (Miteco) para “que se personen no procedemento xudicial colaborando coa xustiza por obrigación institucional a fin de impedir a comisión dun presunto delito e a súa continuidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará