Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recupera a carreira infantil da ostra

carreira ostra

A cita deportiva, prevista para o domingo 27 de marzo, abre o programa de actividades da Festa da Ostra que se celebrará na primeira fin de semana de abril.

Arcade prepárase para celebrar unha das súas maiores citas festivas como é a Festa da Ostra, que se celebrará o próximo 2 e 3 de abril, e, para abrir boca, o Concello de Soutomaior recupera a celebración da carreira infantil da ostra para o vindeiro domingo, 27 de marzo, a partir das 11:30 horas no Peirao de Arcade.

As inscricións pódense realizar na páxina web do Concello de Soutomaior até o día 23. Tamén en horario de tarde pódense realizar no pavillón da Montesiña. O día da proba instalarase unha carpa cun catering de bebida, froita e alimentos saudables para todos os participantes.

As distancias variarán para cada categoría de maneira que a proba, para os deportistas infantís será de 1.000 metros, para os alevíns de 600 metros, de 400 metros para os benxamíns, 300 metros para os prebenxamíns e 200 para os da categoría biberón. Cada participante recibirá unha medalla pola súa participación ademais do premio individual que recibirán o tres primeiros de cada categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará