Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conferencia sobre o Alzheimer no Multiúsos

taller memoria

As biólogas expertas en neurociencia, Paula Rivas e Ana Campos, serán as encargadas de impartir a charla “Que pasa no cerebro dunha persoas con Alzheimer” que terá lugar hoxe martes ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada libre ata completar o aforo. Unha actividade organizada pola Asociación Afaga en colaboración co Concello.

O obxectivo da actividade é explicar que pasa fisioloxicamente no cerebro dunha persoa que padece esta doenza “dun xeito asequible para que todos o poidamos entender” e chegar a comprender cal é o motivo de certos comportamentos que adoitar manifestar as persoas que están diagnosticadas de alzheimer. Así no lo explicaba a educadora social de Afaga, Roser Ibáñez.

Malia que aínda queda moito por saber, xa hai avances que permiten coñecer cal é o proceso cerebral que se produce nas persoas que padecen alzeimer. Coñecer estes cambios que farán máis doado ás persoas que rodean aos enfermos asimilar e ser máis comprensivos con comportamentos que nos resultan difíciles de entender nos nosos familiares. Tamén se insistirá na necesidade de seguir unha serie de hábitos para tentar ralentizar o deterioro cognitivo que acompaña a enfermidade.

Afaga busca con este tipo de actividades retomar a normalidade previa á pandemia que tan precisa é tanto para enfermos de Alzeimer como para os familiares e persoas coidadoras, que precisan de manter o contacto con expertos, asesores e outras persoas que se atopan na súa mesma situación para xestionar procesos tan difíciles como estes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará