Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban un BMW estacionado na Avenida Mendiño

avenida mendiño

A propietaria do vehículo, veciña de Redondela, acudiu ás dependencias da Policía Local a primeira hora da mañá de hoxe mércores logo de non atopar o coche no lugar no que o estacionara na xornada de onte. Todo apunta a que os ladróns actuaron de madrugada levándose este BMW serie 1, un vehículo de alta gama de cor negro, cinco portas e teito solar.

Un feito que a policía local cualifica de excepcional, xa que o número de roubos de vehículos que se producen no noso concello son escasos. Explican que o motivo do roubo pode ser diverso: que se empregue o vehículo para despezar e proceder a venda das pezas ou mesmo que se poida usar polos ladróns para cometer outros actos delictivos. En todo caso, a investigación queda agora en mans da Policía Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará