Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela oferta un obradoiro de TikTok para a mocidade

tiktok

A actividade, organizada dende a Concellería de Xuventude, está aberta a mozos e mozas de 12 a 17 anos e terá lugar o 18 de marzo en horario de 16:30 a 19:00 horas na Casa da Cultura. Baixo o título #TIKTOKCONSENTIDIÑO, búscase ofrecer un espazo no que fomentar a creatividade e o reforzamento das habilidades sociais a través das posibilidade que oferta esta rede social.

O obradoiro, propón que, partindo dunha idea ou un tema polémico para a súa idade, os participantes elaboren un vídeo coa ferramenta TIKTOK, podendo optar a premios en función da calidade, contido, orixinalidade e creatividade de cada vídeo. Segundo apuntan diversos estudos, ao realizar este tipo de actividades “axúdase ao cerebro a desenvolver a creatividade, pensar sen límites e expresarse tal e como son”.

Logo dunha introdución sobre Que é tiktok, en termos familiares para as e os participantes, (followers, tendencias, etc.) o obradoiro buscará a participación das mozas e mozos de xeito que se sintan preparados para participar de xeito individual e en equipo nas actividades propostas.

No que fai referencia ao apartado da creatividade, no obradoiro daranse a coñecer as bases do concurso e das regras do xogo. Utilizando a rede social tiktok e un hastag creado con antelación exclusivamente para o obradoiro –#TIKTOKCONSENTIDIÑO– crearanse equipos para realizar videos construtivos, creativos e divertidos escollendo un formato de gravación común para todos os participantes, estableceranse as normas e darase renda solta á creatividades de cada grupo.

Ao longo da actividades, as mozas e mozos aprenderán trucos de composición, de cor, aprenderán a crear planos interesantes e a xogar cos modos de gravación do teléfono, a música, etc. Para outorgar os diferentes premios valorarase de cada traballo a mensaxe/contido baseado nalgún valor, creatividade, orixinalidade na forma de conectar e transmitir a mensaxe, traballo en equipo e cumprimento das normas e tempos.

A alcaldesa Digna Rivas subliña a importancia dunha actividade na que “mozas e mozos vivirán a experiencia de crear contido positivo, baseado en valores e, ao mesmo tempo, realizando unha actividade divertida”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará