Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rosana Comesaña substitúe a Olalla Obelleiro como concelleira do BNG en Soutomaior

cambio concelleira

Obelleiro formaba parte da corporación dende maio de 2015 e presentaba a súa renuncia o pasado venres por motivos persoais. No seu posto entrará a seguinte na lista, Rosana Comesaña, militante comprometida coa causa do nacionalismo galego e con experiencia no mundo sindical.

A xa ex concelleira, Olalla Obelleiro agradeceu aos seus compañeiros de partido polo camiño percorrido nestes sete anos e agradeceu “a confianza depositada en min pola militancia e as persoas votantes, ás que tratei sempre de representar da mellor maneira posíbel” e deixou claro que “por suposto, seguirei traballando polo BNG e por ese tempo novo que Soutomaior tanto precisa e co convencemento de que para o ano que vén Soutomaior vai ter un alcalde nacionalista”.

No seu posto entrará a seguinte persoa na lista do BNG de Soutomaior, Rosana Comesaña Sanromán, quen será a partir de agora a sexta concelleira nacionalista no concello. A nova edil, ao igual que a súa predecesora, é unha militante comprometida coa causa do nacionalismo galego, con experiencia no mundo sindical e na loita polos dereitos sociais da veciñanza de Soutomaior. Antes de ser nomeada formalmente como concelleira, Rosana Comesaña quixo enviar unha mensaxe á veciñanza do concello: “traballarei xunto aos meus compañeiros e compañeiras, os que son concelleiros e os que non, por un Soutomaior novo, no que o Concello coide dos seus habitantes e os teña como centro das súas prioridades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará