Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan as obras de mellora nos camiños de Subido e Galo en Chapela e Castañal en Cesantes

obrascamiños

A Concellería de Vías e Obras deu por finalizados os traballos de acondicionamento, mellora no drenaxe e pavimentación que se desenvolvían nos camiños de Subido e Galo (Chapela) e Castañal (Cesantes). Ao abeiro deste mesmo proxecto, que contou cun investimento de 74 512,86 €, tamén se incluíron as obras de mellora realizadas no Eido do Bras (Cedeira) e Petadas (Cesantes).

Nas actuacións realizadas desenvolvéronse primeiro as obras de limpeza de cunetas e noiros e varrido do firme para realizar, posteriormente, o rego de adherencia.

No Camiño do Subido, o tramo asfaltado foi de 869 metros cadrados, treito no que amais instaláronse un total de 18 tapas de rexistro e 3 sumidoiros coas correspondentes conexións de cara a mellorar e modernizar a rede de saneamento.

No Camiño do Galo, a superficie a asfaltar foi de 1997 metros cadrados, dotándose á mesma de 32 tapas de rexistro e no Camiño de Eido do Bras, a superficie a asfaltar foi de 153 metros cadrados con dúas tapas de rexistro.

Os traballos realizados buscaban a mellora, non só da accesibilidade ás vivendas situadas na contorna, senón da seguridade tanto da circulación rodada como peonil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará