Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE anuncia contactos con todos os grupos para negociar o novo orzamento de Redondela

pleno

Esta semana arrancan as xuntanzas co resto dos grupos da corporación -PP, AER, BNG- nun intento de achegar posturas e reunir os apoios suficientes de cara a sacar adiante o documento económico deste ano. A concelleira de Economía e Facenda, María Castro é consciente das dificultades  que teñen para lograr este obxectivo ao contar tan só con 7 concelleiros pero fai un chamamento a responsabilidade do resto dos grupos para poder contar cun orzamento axeitado ás necesidades do concello e que superaría os 20 millóns de euros.

A pista de atletismo do Illa de San Simón, a obra do skate park de Chapela ou a rehabilitación do antigo Conservatorio son algúns dos investimentos que irían recollidos nestes orzamentos que a edil cualifica de “adaptados á realidade do concello”. Con todo, non confía demasiado en que vaia a existir consenso á hora de sacalos adiante atendendo ao que ten acontecido en anos anteriores.

Insiste ademais en que se trata dun documento que recolle achegas tanto do BNG como de AER e, malia que os seus exsocios de goberno meses atrás condicionaran o seu apoio aos orzamentos á dimisión da alcaldesa, confían en que “a día de hoxe a actitude da Agrupación de Electores de Redondela teña variado un pouco, xa que naquel momento acababa de producirse a ruptura do bipartito e a situación era máis tensa”.

As reunións serán bilaterais e arrancan esta mesma semana.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará