Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desemprego medra en febreiro

paro

Logo dun arranque de ano espectacular, cunha caída no número de desempregados que se sentiu particularmente en Redondela, o noso concello sufría nas últimas semanas un retroceso incrementando o número de persoas inscritas nas listas do paro (+55). As listas do Servizo Público de Emprego contabilizan un total de 1518 persoas en situación de busca de emprego en Redondela.

Un empeoramento que se constata tamén en Soutomaior, quen suma 12 novos desempregados e contabiliza un total de 585. No caso de Fornelos hai 141 persoas en paro, sete máis que no mes anterior, mentres que en Pazos de Borbén hai un lixeiro descenso (-2), sendo 242 as persoas que estaban nesta situación no remate de febreiro.

Lembramos que no conxunto de Galicia non foi este mes de febreiro un mes positivo xa que o paro creceu en 577 persoas, un 0,37 por cento máis, situándose o número de desempregados en 154.509, segundo os datos difundidos este mércores polo Goberno. Con todo, o paro en termos interanuais segue  baixando con 30.719 persoas menos en desemprego que hai un ano, un 16,58 por cento.

Por provincias o paro subiu en Pontevedra (920), e baixou nas demais con -252 na A Coruña, -50 en Lugo e -41 en Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará