Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nove días de actividades para conmemorar o 8M

conquistadoras

Exposicións, charlas, actos institucionais e as II Xornadas de Muller e Igualdade Genma Pereira Otero, forman parte dunha programación que na Radio Municipal se prolonga durante todo o mes co espazo “Recuperando as pezas que faltan”, unha sección na que se lembra a mulleres pioneiras que abriron camiño. O primeiro dos actos do Concello será este venres coa inauguración da exposición “Conquistadoras” ás 12:30 na Alameda Castelao.

Unha programación que busca “chegar a todos os sectores da sociedade como partes imprescindibles na loita pola igualdade” e que na vindeira semana vivirá o groso das actividades previstas. Así, o día 6 de marzo o Multiúsos acollerá a inauguración da exposición de pintura de María Lapido “Do miúdo” ás 12:00 horas e o propio día 8, Día Internacional da Muller, desenvolverase o acto institucional tamén as doce do mediodía na Alameda. Un día despois, o mércores 9, inaugurarase o moral ‘Praceiras pioneiras’ na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

O 10 de marzo, en dobre sesión de 10 horas e 12:15 horas e dirixido ás e aos escolares do municipio, o Multiúsos da Xunqueira será escenario do monólogo teatralizado A síndrome de Lis.

A programación do 8M do Concello de Redondela continuará os días 11 e 12 de marzo coas II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero». Contarán estas xornadas, o 11 de marzo con tres actividades ben diferenciadas. Por unha banda, a Casa da Cultura de Redondela, situada na Praza Figueroa, acollerá entre as 19 e 21 horas as actividades do obradoiro 10 claves para emprender. Liderazgo feminino e autoxestión. Os e as mais cativas terán tamén unha actividades especialmente pensada para eles como é o contacontos Tanto conta, conta tanto, a cargo de Ana Facchini que terá lugar na Biblioteca Xela Arias de Chapela ás 18.30 horas e, finalmente este primeiro día das xornadas pecharase cun atractivo roteiro que percorrerá a Ruta das regateiras, con saída dende a Fonte de Santiago ás 19:30 horas.

O día 12 de marzo, segundo das Xornadas Gemma Pereira Otero, de 10 h a 14.30 horas o Multiúsos da Xunqueira acollerá o segundo obradoiro que, desta volta, levará por título Os medios de comunicación como axentes do cambio fronte a violencia machista. O peche ás xornadas o porá o monólogo Ellas bailan solas, ás 20 horas e tamén no Multiúsos da Xunqueira.

Por último, o día 13 de marzo o teatro será o encargado de pechar a programación do 8M de Redondela coa posta en escena de Bravas.

A programación do 8M de Redondela, tal e como apunta a alcaldesa Digna Rivas, “non queda cinguida a un so día ao igual que a loita pola igualdade non pode quedar limitada a actos puntuais”. Rivas lembrou a importancia de “traballar a prol da igualdade non só a través de celebracións ou conmemoracións, senón tamén no noso día a día e nas actividades cotiás que desenvolvemos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará