Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Efémeras despiden xira no Multiúsos da Xunqueira

efemeras

Un concerto que prometen “estará cheo de sorpresas e convidados”, o que fará que nalgún momento da actuación sexan 14 os músicos que estean sobre o escenario. No seu repertorio estarán os temas do seu primeiro disco pero tamén algún tema novo no que xa están a traballar sempre fieis ao seu estilo “música popular e divertida”. Previamente, xa pola mañá e aproveitando a xornada de feira, farán un pasarrúas polo centro da vila.

Logo dunha xira que nos últimos meses levounos a actuar por vilas e parroquias de todo o país cun éxito que segundo confesan “colleunos por sorpresa”, regresan a Redondela para despedir esta xira que lles serviu para presentar o seu primeiro disco.

Farano cun concerto moi especial “cheo de artistas convidados”, que terá lugar este domingo día 6 ás 18:00 horas enmarcado no ciclo “A nosa música” da Concellería de Cultura e cuxas entradas a 3 euros están xa a venda no Multiúsos.

Alberto Covelo, As Efémeras

Escoitaranse os temas do seu primeiro disco con numerosas referencias ao noso concello ou mesmo a persoas e personaxes coñecidos da vila que, malia o seu localismo nesas letras, funcionou naqueles lugares aos que se achegaron grazas a uns ritmos populares que son marca da casa. Cancións que poden ir dende un blues, a un rock ou un rap pero con base de música tradicional “que da moito xogo e é moi ben acollido polo público” explica Berto Covelo.

E malia que xa teñen material para un novo disco prefiren ir pouco a pouco e non meterse présa á hora de publicar ese novo traballo “iremos presentando tema a tema” algún dos cales xa os poderemos escoitar neste concerto despedida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará