Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR confía en recuperar xogadores para afrontar con garantías a segunda volta

SARLalin

A pasada xornada plantaron cara ao líder, malia rematar perdendo, e esta fin de semana xogan o derbi local ante o Rodosa Chapela.

O equipo de Moncho Pazos deixou unha excelente imaxe no partido ante o B.Lalín. Malia acudir con numerosas baixas, puxeron en apuros ao líder da categoría cun marcador moi igualado, aínda que finalmente acabaron perdendo por 20-23. O técnico lamenta que a falta de efectivos lastre ao equipo, que leva desde o mes de novembro sen poder contar con todos os seus xogadores, xa sexa por positivos de Covid, lesións ou compromisos laborais.

Moncho Pazos, adestrador da SAR Plastic Omnium

Polo de agora están a suplir as baixas con xogadores moi novos, grazas ao convenio co Cisne e tamén cos xuvenís da SAR. O adestrador marca entre os seus obxectivos seguir mellorando o xogo do equipo, tanto na faceta defensiva como en ataque, e recuperar xogadores para afrontar a segunda volta da competición “con garantias para salvar a categoría”.

Pazos confían en recuperar xogadores e que o niveldo equipo siga mellorando

Neste comezo da segunda volta a SAR é 14º, con 9 puntos, ten unha marxe de 4 puntos sobre o descenso, que marca o Galdar, e de 8 sobre o Rodosa Chapela, pechacancelas do grupo. Precisamente o conxunto de Chapela será o seu próximo rival nun derbi que sempre crea moita espectación. Pazos sinala que se trata dun partido cunhas caracteristicas “moi especiais”, xa que historicamente existe unha motivación “extra”. Aproveitando a liña ascendente do equipo nas últimas semanas confía en acadar un resultado positivo co apoio da afeción “e ampliar a marxe sobre os postos de descenso”.

O sábado xógase o derbo redondelán Rodosa Chapela-SAR Plastic Omnium

A situación do Rodosa, que suma tan só 1 punto, é complicada. Con todo, quedan aínda 14 xornadas para seguir na pelexa. A seguinte cita, co derbio redondelán, será o sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal Manuel González Soto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará