Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños ven na sentenza que revoga a licenza a Aucosa unha oportunidade para retirar esta empresa de Rande

aucosa veciños

Entenden que os argumentos empregados polo xuíz abren a porta a que Aucosa teña que cesar na súa actividade “ao ser incompatible co planeamento urbanístico”. Por este motivo, piden o acordo unánime de toda a corporación para non recorrer esta sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo que retira a licenza municipal concedida polo Concello a esta empresa para que realizara unha serie de obras de mellora nas súas instalacións.

A plataforma en Defensa da Enseada de San Simón e as Asociacións de veciños de Chapela e Cedeira amosaron a súa satisfacción pola sentenza que anula a licenza municipal concedida en xullo de 2020 para a execución das obras de modernización tecnolóxica da planta AUCOSA.

Unha sentenza que entenden “contundente” en canto as súas argumentacións “baséase en catro sentencias anteriores que xa recollían que Aucosa incumpre as normas urbanísticas ao estar nun solo destinado a empresas limpas incompatibles coa actividade que desenvolve esta fábrica” que se dedica á elaboración de aceites e fariñas de peixe.

Insistía ademais Marcial Pérez dende a Asociación de Chapela, que para poder estar ubicada nese espazo do litoral, que ademais é Rede Natura, Aucosa precisa de Autorización Ambiental Integrada, autorización que concede a Xunta e que pasa a non ter validez unha vez se elimina esta licenza de obras.

Durante esta semana teñen previsto reunirse con todos os partidos políticos que forman parte da Corporación para reclamar o seu apoio e o seu respaldo a non recorrer esta sentenza “e que demostren o que levan dicindo tanto tempo, que están a favor dos veciños e en contra de que esta empresa siga nesa ubicación”.

Neste sentido lembran que xa non serve a escusa empregada ata o de agora polo goberno de que tiñan as mans atadas e non podían máis que acatar os informes favorables dos técnicos municipais xa que “esta sentenza tomba o informe do arquitecto”.

En canto a indemnización millonaria que podería ter que pagar o Concello, non teñen claro que esa fora a situación a futuro, tendo en conta que Aucosa ten incumprido a legalidade en numerosas ocasións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará