Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace Divulgaciencia, un programa para fomentar a ciencia e a tecnoloxía en Soutomaior

divulgaciencia

Coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Concello de Soutomaior presentou Divulgaciencia, o seu programa educativo para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre os mozos do municipio. A iniciativa inclúe actividades como talleres de tecnoloxía creativa,xornadas de xogos científicos, visitas guiadas para experimentar na natureza e a primeira gran Feira de Ciencias de Soutomaior, entre moitas outras.

O programa conta con diferentes actividades que virarán ao redor dun evento principal, a primeira Feira de Ciencias de Soutomaior, que se celebrará o día 5 de maio. Nela exporanse os proxectos realizados polo alumnado participante, ofreceranse visitas guiadas ao público en xeral e celebrarase unha pequena festa animada por un espectáculo científico.

Até entón, os alumnos gozarán de tres meses realizando diversas actividades baseadas na experimentación e a participación activa como o taller de construción de drones, a xincana tecnolóxica, a xornada sobre ciencia policial, o scaperoom con enigmas matemáticos e quebracabezas lóxicos ademais de varias saídas orientadas a descubrir e experimentar a ciencia detrás da natureza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará