Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres detencións na fin de semana: por maltrato no ámbito familiar e por atentado á autoridade

poli

Axente da Policía local procederon o pasado sábado á detención dun veciño por un presunto delito de maltrato no ámbito familiar. Os feitos aconteceron en Redondela logo de que unha patrulla se desprazase a unha vivenda tras recibir aviso dunha discusión nun domicilio entre un pai e a súa filla.

Xa no lugar os axentes comprobaron a veracidade dos feitos e procedeuse á detención e traslado a comisaria da Policía Nacional. No lugar interviu tamén unha ambulancia do 061 e a Policía Nacional.

Unha fin de semana na que tamén  houbo dous detidos por resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade no transcurso dos controis de alcoholemia ubicados en diferentes lugares da vila.

Así, localizaríase a un condutor cunha taxa positiva en alcoholemia nun operativo na madrugada do venres que deixaría tamén como resultado unha moza detida en Chapela tras ofrecer resistencia aos axentes.

Na madrugada do sábado, tamén se procedería a detención dun varón por negarse a realizar as probas de alcohol e drogas, por resistencia e desobediencia e atentado a axentes da autoridade. Este mozo chegaría incluso a golpear e lesionar a dous axentes, tendo que ser asistido in situ por unha ambulancia e posteriormente trasladado ao hospital para ser asistido debido a súa agresividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará