Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo faise forte en Redondela

SARcamargo

División Honra Prata Feminino

SAR Rodavigo 22-21 Balonmán Camargo

Gran vitoria das de Verónica Posada, que están a facer da súa pista un fortín. Recibían na Bomboneira ao Balonmán Camargo, rival directo na clasificación. O partido empezou coas cántabras ao mando. Á SAR custoulle entrar no partido, e xa no minuto 15 cando igualaron o marcador 6-6. A partir dese momento, empeza unha escalada no marcador por parte das mozas de Vero, grazas a unha boa defensa e achegas en portaría que lles permitiron poñerse cunha diferenza de 8 tantos (15-7, min 30). Logo do descanso as xogadoras do Balonmán Camargo reaccionaron e cuns axustes defensivos foron reducindo a distancia paulatinamente, aínda que sen chegar a igualar ás redondelás. Ao final 22-21 a SAR Rodavigo. A próxima cita será en terras asturianas, na pista do Xixón, penúltimo clasificado.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 20-23 BM Lalín

Bo partido dos de Redondela, que puxeron en problemas ao líder. Comezou forte a SAR, que se puxo por diante cun 4-0 no marcador. Pero a calidade do Lalín levounos a empater no minuto 15 cun marcador de 7-7. A partir de aí o Lalín empeza a despegar e acada unha vantaxe de 6 goles (13-19). A SAR non baixou os brazos e lograron recortar esa distancia a tan só 2 goles, volvendo pór en apuros ao líder (20-22, min 53). Nos minutos restantes, tan só o Balonmán Lalín conseguiu sumar un único gol asinando o 20-23 final.

Na próxima fin de semana o balonmán local ten unha interesante cita co derbi Rodosa-SAR.

Bueu Atl 32-27 Rodosa Chapela

O Bueu estivo sempre por diante no marcador. Durante o primeiro tempo houbo algún momento de certa igualdade, cun marcador de 17-14 ao descanso. No segundo tempo os locais foron ampliando a vantaxe ate o 32-27 final. Os de Chapela seguen como pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará