Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos sofre para gañar o derbi en Chapela

Arealonga-PAzos

Fútbol Sala Terceira

Campito Chapela 5-3 Bueu

Importante vitoria para o conxunto redondelán, que se distancia así dos postos máis baixos da táboa. Na próxima xornada volver medirse a un rival directo, visitan a pista do FS Pontedeume, cos anfitrións un posto por riba dos de Chapela.

Preferente Sur

Arealonga 5-7 SD Pazos de Borbén

Os de Pazos levaron o derbi comarcal nun partido moi pelexado. Foi o decimocuarto triunfo consecutivo para os de Fran Amoedo nun encontro moi sufrido para o líder, que se desprazou a Chapela con moitas baixas. O Pazos comezou por diante no marcador, chegando a ter unha vantaxe de 1-4, pero o gran xogo do Arealonga permitiulles chegar a un empate a 5 goles falta de un minuto. Diego, o pívot de Amoedo, anotou dous goles en 30 segundos e deu os tres puntos ao
Pazos.

Na próxima xornada o Pazos recibirá ao Balona Linense, mentres que o Arealonga xogará na pista do Abetos Gondomar.

Coperfi Cereixa Gondomar 1-3 Redondela Maramar

A vitoria en Gondomar permite aos de Redondela manter a segunda praza do grupo. Na próxima xornada reciben ao Coles, da metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará