Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación nas ANPAs tras negarse a Xunta a garantir a implantación do Bacherelato de Artes en Redondela

bache

A Federación de Asociacións de Nais e Pais acusa á Xunta de mentir cando afirma que a entrada en vigor da nova lei educativa, a LOMLOE, impide a implantación desta modalidade en Redondela “cando a nova lexislación nada di ao respecto”. Esixen á Consellería de Educación que deixe de ningunear á comunidade educativa “e que dea resposta aos escritos da Federación onde se lles reclama que cuantifiquen a demanda como paso previo a implantación desta actividade”. As ANPAs celebran este luns na Casa da Cultura unha reunión ás 20:00 horas para informar sobre este asunto e anuncian mobilizacións.

A Federaciónde ANPAs, que aglutina a 13 asociacións de centros públicos de ensino de Pazos de Borbén e Redondela, acusan á Xunta de “mentir e marxinar ás familias de Redondela” cando afirman que a entrada en vigor da nova organización do ensino coa LOMLOE crea unha situación de incerteza que lles impide garantir a implantación da modalidade de Artes en Redondela. Neste sentido acusan ao goberno galego de “estar a xogar co futuro dos estudantes nunha actitude de loita partidaria co goberno central”.

Critican ademais que a única información ao respecto lles chegue pola prensa, cando hai semanas que solicitaron unha reunión coa Xefatura Territorial sin ter recibido resposta, e esixen que a Xunta cumpra co seu compromiso de cuantificar a demanda do Bacherelato de Artes como paso previo á súa implantanción “tal e como comprometera a Comisión de Educación do Parlamento o pasado 22 de setembro”.

De feito, ante a falta de avances neste sentido a propia Federación xa puxo en marcha unha enquisa entre o alumnado de 4 de ESO dos Centros de Redondela e Pazos e, a falta de coñecer os resultados definitivos, aseguran que hai un enorme interese por parte do alumnado en cursar estudos de arte.

A Federación continúa a esixir á Xunta de Galicia que cumpra os seus compromisos e que dote a Redondela de toda a oferta educativa de Bacharelato que existe neste momento e fai un chamamento para que todos os colectivos culturais e non culturais do concello e comarca se unan ás diferentes accións que teñen en marcha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará