Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo imponse no derbi galego ante o Carballal

SARcarballalDHPF

Foto: Patry Rivas

División de Honra Prata Feminino

Carballal 24-25 SAR Rodavigo

Partido disputado no pavillón vigués onde as de Vero Posada puxéronse por diante no marcador desde o comezo. No minuto 20 o conxunto redondelán gañaba cunha marxe de 4 goles (9-13). As locais deron un empurrón para chegar ao descanso cunha distancia máis curta (13-15). Os 2 goles de diferencia non daban marxe para a relaxación, xa que as anfitrioas non se deban por vencidas e buscaban darlle a volta ao marcador. E o Carballal conseguiuno no minuto 50, ao poñerse por diante cun 21-20 no luminoso. O final do partido converteuse nun intercambio de goles, no que esta vez a vitoria caeu do lado da SAR cun resultado final de 24-25. Primeira vitoria do ano para a SAR Rodavigo, no 10º posto da táboa. Na seguinte xornada volven xogar un interesante derbi galego, nesta ocasión na casa e contra o Balonmán Cañiza, que é 12º, un punto por baixo das redondelás.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 24-26 Galdar

O partido fronte ao Balonmán Galdar empezou igualado no marcador. A partir do minuto 10 os canarios forontomando a dianteira no marcador, abrindo unha pequena fenda que chegaba ao descanso cunha marxe de 3 goles (11-14). No segundo tempo o Galdar seguía a mandar no marcador, e a vantaxe mesmo chegou aos 5 goles (15-20, min 43). Reaccionaron os redondeláns e acadaron empatar a 22 goles no minuto 50. A última parte do encontro foi un intercambio de goles no que a sorte estivo do lado dos canarios que levaron os dous puntos cun resultado final de 24-26 que deixa á SAR no posto 12º da táboa. Na seguinte xornada repiten como locais, recibirán ao Carballal Granitos Ibéricos na Bombonera.

Carnes do Ribeiro-Rodosa: aprazado

Na próxima xornada viaxan a terras canarias para medirse ao Lanzarote.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará